Lunes, 16 Marzo 2015 20:25

O CTM Cidade de Narón de División de Honra acada a permanencia a falta de duas xornadas

Escrito por
Valora este artículo
(1 Voto)
Os encontros desta fin de semana viñeron marcados polos éxitos que asegurarán a moitos dos equipos o ascenso ou a permanencia nas súas respectivas ligas. Un destes equipos é o Cidade de Naron, de División de Honra Feminina, que, aínda que no partido fronte o Vincios perderon nun axustado 4-3, acadaron a falta de duas xornadas a permanencia nesta importante división perder o equipo catalán do Ripollet que era o seu inmediato perseguidor. Cada unha das xogadoras Belén Sañudo, Helena Colinas e Laura Fernádez fixeron un punto nesta xornada. A pesares da derrota, as xogadoras remataron moi satisfeitas por poder seguir competindo en Division de Honra unha tempada máis. O equipo Narón de Primeira División Nacional esta fin de semana tivo que afrontar (e gañar) dous encontros: o primeiro, contra o Luarca, e, o seguinte, contra o Avilés. Santiago Otero, Isaac Rivera e Adrián Vidal foron os artífices das vitorias. No encontro contra o Luarca, Isaac e Adrián achegaron un punto cada un, que, sumados cos dous de Santiago, dan lugar ó notábel resultado de 4-2. O mesmo marcador acadaron fronte ó Avilés, aínda que neste caso foi Adrián quen fixo os dous puntos, e, Santiago e Isaac, un cada un. Os xogadores do equipo Naronense, de Segunda División Nacional Masculina, atópanse preto da permanencia, xa que están lonxe do descenso a poucos encontros de terminar a liga. O seu encontro nesta fin de semana foi, como o das rapazas, un 4-3 axustado contra o Ferrol. Bruno Sacristán gañou os seus dous partidos, mentres que Ishaí Piñeiro só un e, Antón Martín, ningún. Aínda así, a pesares desta derrota, están a rozar a permanencia para a vindeira tempada. En Segunda División Nacional Feminina, os dous equipos de Narón desprazáronse cara Vilalba para encontrarse alí con dous equipos locais. O Escola Cidade gañou un dos encotros 3-1, facendo Andrea Amor dous puntos, e outro achegado no dobres con Estela. Contra a outra equipación Vilalbesa perderon, 3-2, cos dous únicos puntos achegados por Andrea. As rapazas de Club Narón Antía Pita e Sofía Couce perderon os dous partidos, 3-0 o primeiro e 3-1 o seguinte, cun partido de Sofía gañado. Unha das mellores noticias da xornada veu, sen dúbida, do equipo Club Narón, que se atopa, polo de agora, en Terceira División Nacional, pero que coa recente vitoria fronte ó Oleiros C esta a piques de certificar o ascenco a Segunda División. Tanto Aleixo Rivera como Efrén Piñeiro e Adrián Ferreira gañaron cadanséus partidos neste encontro, conseguindo así o flamante resultado de 6-0. Pero non é só grazas a este resultado que se atopen co ascenso asegurado, senón que levan unha segunda volta con 5 vitorias e 1 empate. Teñen o ascenso máis que merecido. Esta fin de semana houbo un pleno de vitorias en Segunda División Galega. O Narón Senior venceu 5-1 fronte ó Oleiros F, na súa loita polo ascenso, onde Juan Badía achegou un dos puntos, e Alberto Puga e Manuel Cabalo, dous cada un. Os rapaces de Cidade de Naron “b” obtiveron o mesmo resultado, aínda que fronte ó Hípica, no encontro disputado por Raúl Saura (2), Julián Dopico (2) e Raúl Rodríguez (1). E, por último aínda que non menos importante, o Narón Promesas gañou ó Grumico con un contundente 6-0, gañando Marcos Pita, Brais Rajo e Mario García candanséus partidos.
Leer 3538 veces Modificado por última vez en Lunes, 16 Marzo 2015 20:36

Logo

cidade_naron150