Martes, 03 Febrero 2015 12:15

Fin de semana desfavorábel para o CTM Cidade de Narón

Escrito por
Valora este artículo
(1 Voto)

O sábado, as rapazas de División de Honra Feminina desprazáronse a Santiago de Compostela para xogar contra o equipo oriúndo Arteal TM. Alí, as naronesas perderon, a pesares do esforzo, nun 5-1, onde a xogadora Laura Fernández foi a única en gañar un dos seus partidos. A Belén Sañudo, Claudia Canay e Diandra Cobelo non lles foi tan ben nos seus partidos, e non conseguiron puntuar.

En Primeira División Nacional, o Cidade de Narón xogou contra o equipo de Vincios, onde perderon 2-4. Os puntos correron a cargo de Isaac Rivera e Adrián Vidal, facendo un punto cada un, mentres Santiago Otero foi vencido nos seus dous partidos.

O equipo Naronense, de Segunda División Nacional, venceu ó equipo de San Xoán nun 4 a 2. Os xogadores Rubén Veiga e Antón Martín acadaron un punto cada un, e Ishaí Piñeiro fixo os dous puntos restantes, mantendo a súa excelente porcentaxe, con 4 de 4 partidos gañados.

O encontro en Terceira División Nacional entre o Cidade de Narón e o Vimianzo rematou tamén en vitoria. Os xogadores Adrián Ferreira e Efrén Piñeiro gañaron os seus dous partidos, e, Aleixo Rivera, un, acadando así o nada desprezábel resultado de 5-1.

Os rapaces de Primeira División Galega disputaron o sábado dous encontros. O primeiro, contra o Restaurante San Miguel, onde perderon 5 a 1. O outro encontro, contra o Efega, rematou co mesmo resultado. Os dous puntos foron outorgados por Borja Canay.

O Narón Infantil tamén xogou dous encontros. O primeiro, contra o Milagrosa Tenis de Mesa, rematou nun empate, no que cada xogador (Sanders Vázquez, Jacobo Cano e Anxo Martín) fixo un dos seus puntos. O seguinte encontro rematou nun 5-1 fronte ó Milagrosa TM Ferrol, onde só Jacobo puntuóu.

O domingo, o Narón Senior xogou contra o Cambre, perdendo nun 2-4, onde os xogadores Cabalo e Modesto fixeron un punto cada un.

O derbi Narón Promesas fronte ó Cidade de Narón rematou nun 6 a 0 para o primer equipo.

Leer 1961 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Febrero 2015 12:17

Logo

cidade_naron150