Jueves, 18 Diciembre 2014 11:36

Fin de semana vitorioso para o CTM Cidade de Narón

Escrito por
Valora este artículo
(1 Voto)

Esta pasada fin de semana tiveron lugar multidude de encontros, a meirande parte deles con moi bos resultados.

As rapazas de División de Honra do CTM Cidade de Narón disputaron o seu encontro fronte ó equipo vasco Gasteiz Proyem. A xogadora Belén Sañudo foi a encargada de outorgar dos puntos, que, sumados ao partido gañado por Helena Colinas e ao de Laura Fernández, suman os seus 4 puntos fronte ós 2 do equipo vasco. Con esta vitoría o equipo naronés acaba o ano co mesmo numero de victorias que de derrotas o que lle permite manterse na parte media da clasificación.

En Primeira División Nacional Feminina o equipo Cidade de Narón “b” gañou tamén cun resultado de 4-2 fronte ó San Xoán. As xogadoras Helena Martín (2 puntos), Diandra Cobelo (1pto.) e Claudia Canay (1pto.) foron as responsábeis desta vitoria, mais tamén xogaron contra o Club Coruña, obtendo o mesmo resultado. Esta vez foi Claudia quen gañou os dous seus puntos, e as outras dúas xogadoras, outro cada unha.

O equipo masculino desta mesma división, o Cidade de Narón, venceu fronte ó Luarca nun 4-2. Diego Quintero conseguíu os seus dous puntos, Adrián Vidal un e, Santiago Otero, o restante.

O equipo de Segunda División Nacional Masculina, Naronense, perdeu fronte ó Dez Portas (5-1). Só Borja Canay conseguiu puntuar, mentres Rubén Veiga e Antón Martín non conseguiron gañar os seus partidos contra os xogadores lucenses.

Primeira xornada da liga de Segunda División Feminina na que se disputou o encontro entre os equipos Concello de Narón e Narón Feminino, cunha vitoria (5-0) para o primeiro, polo Concello de Narón xogaron Carla Casal e Estela Holgado, mentres que no Narón Feminino estaría formado por as duas prebenxamins Maria Jesus Selfa e Sofía Couce.

En Terceira División Masculina o equipo Club Narón tivo unha doce vitoria fronte ó compostelán Arteal. Ishaí Piñeiro, Aleixo Rivera e Efrén Piñeiro gañaron cadanséus partidos, acadando así o flamante resultado de 0-6. O seu resultado fronte ó equipo Conxo mantívose na misma liña, cun 1-5, onde esta vez Ishaí só conseguíu un dos seus puntos.

O encontro de Primeira División Galega entre o Viveiro e o Narón Infantil terminóu cun 2-4 para o equipo viveirés.

En Segunda División Galega o equipo Oleiros “q” gañou ó Cidade de Narón cun resultado de 4-2. Outro encontro na mesma categoría resultóu vitorioso paa os naronenses de Narón Promesas, que gañaron por 4 puntos a 2 ó San Xoán TM Infantil. Por último, nesta categoría, outra vitoria máis para o clube de Narón, esta vez contra o Grumico, onde os xogadores de Narón Senior acadaron o resultado de 1-5.

Leer 2006 veces Modificado por última vez en Jueves, 18 Diciembre 2014 11:38

Logo

cidade_naron150