Miguel Muiños

Miguel Muiños

Esta Semana Santa, aproveitando os dias festivos, tiveron lugar múltiples campionatos a nivel galego, nos que o Club Narón subíu ó podium nin máis nin menos que 28 veces. Esta cantidade inmensa de éxitos non sería posíbel sen o esforzo diario de cada rapaza e rapaz ao longo de toda a tempada, tanto nos adestramentos coma nas competicións. O primeiro, en Vilagarcía, foi o Campionato Galego Infantil. Alí, Helena Martin e Claudia Canay resultaron campionas de dobres femininos, e Diandra Cobelo e Judith Cobas quedaron en semifinais. Tamén Claudia, pero esta vez con Diego Varela, resultaron semifinalistas de dobres mixtos. O equipo Narón, composto por Claudia, Helena e Diandra quedou semifinalista de equipos femininos na competición. Na proba individual, tanto Claudia como Diandra conseguiron ser semifinalistas e levar unha medalla de bronce cada unha. O Campionato Galego Absoluto de San Xoán trouxo tamén moitas alegrías. Na proba de Dobres Masculinos, os xogadores Santiago Otero e Martín Regueiro conseguiron unha excelente victoria, subíndose ó máis alto do podium nunha competición onde eran dos rapaces de máis curta idade, en comparación co resto de xogadores. Na categoría Individual Feminina, Laura Fernandez proclamouse subcampiona galega absoluta cedendo so ante a xogadora asturiana do Arteal Raquel Bonlla. A terceira medalla do torneo trouxérona Claudia Canay e Adrián Vidal, no seu caso de bronce, na categoría de Dobres Mixtos, onde o adestrador e a súa alumna souberon complementarse moi ben. Para finalizar, tivo lugar en Noia o Campionato Galego Benxamín e Xuvenil, dúas categorías con partidos simultáneos. Anxo Martín arrasou na competición, levándose para a súa casa nada máis nin nada menos que catro medallas, tres ouros e unha prata, un resultado sobresaínte: acadou o posto de campeón individual, de equipos e de dobres masculinos, ademáis de subcampeón de dobres mixtos. O seu é un caso excepcional, aínda que o resto seguen unha liña similar, todas e todos na mesma categoría, Benxamín. Marcos Pita comparte as vitorias de equipos e dobres masculinos de Anxo, xa que competiron xuntos, pero tamén foi semifinalista en dobres mixtos coa súa compañeira Sofía Couce. Ana Otero tampouco queda atrás, levando consigo outras tres medallas: na proba individual, levou un bronce; os dobres mixtos con Anxo achegaron unha prata e, tamén con Sofía, nos dobres femininos conseguiron xuntas outra prata. Brais Rajo quedou de terceiro en equipos e segundo en dobres masculinos con Diego Pena. Os xogadores Brais Rodríguez e David Blanco resultaron semifinalistas de dobres masculinos. As mocidades do Club Narón amosaron unha vez máis que son unha grande promesa para o clube e, en xeral, para o deporte, pasandoo ben na competición e conseguindo bos resultados. Na categoría Xuvenil, do mesmo torneo, Santiago Otero e Fernando López gañaron unha prata en dobres masculinos, mentres que Borja Canay e Antón Martín resultaron semifinalistas. Laura Fernández quedou en semifinais de dobres mixtos con Martín Regueiro, así como con Belén Sañudo en dobres femininos. Laura e Santiago gañaron cadansúas medallas de bronce na categoría individual, feminina e masculina, respectivamente, sumando vitoria tras vitoria. Na proba por equipos, o equipo masculino composto por Santiago, Antón e Borja conseguíu unha medalla de prata, así como o equipo feminino de Laura e Claudia.
Os encontros desta fin de semana viñeron marcados polos éxitos que asegurarán a moitos dos equipos o ascenso ou a permanencia nas súas respectivas ligas. Un destes equipos é o Cidade de Naron, de División de Honra Feminina, que, aínda que no partido fronte o Vincios perderon nun axustado 4-3, acadaron a falta de duas xornadas a permanencia nesta importante división perder o equipo catalán do Ripollet que era o seu inmediato perseguidor. Cada unha das xogadoras Belén Sañudo, Helena Colinas e Laura Fernádez fixeron un punto nesta xornada. A pesares da derrota, as xogadoras remataron moi satisfeitas por poder seguir competindo en Division de Honra unha tempada máis. O equipo Narón de Primeira División Nacional esta fin de semana tivo que afrontar (e gañar) dous encontros: o primeiro, contra o Luarca, e, o seguinte, contra o Avilés. Santiago Otero, Isaac Rivera e Adrián Vidal foron os artífices das vitorias. No encontro contra o Luarca, Isaac e Adrián achegaron un punto cada un, que, sumados cos dous de Santiago, dan lugar ó notábel resultado de 4-2. O mesmo marcador acadaron fronte ó Avilés, aínda que neste caso foi Adrián quen fixo os dous puntos, e, Santiago e Isaac, un cada un. Os xogadores do equipo Naronense, de Segunda División Nacional Masculina, atópanse preto da permanencia, xa que están lonxe do descenso a poucos encontros de terminar a liga. O seu encontro nesta fin de semana foi, como o das rapazas, un 4-3 axustado contra o Ferrol. Bruno Sacristán gañou os seus dous partidos, mentres que Ishaí Piñeiro só un e, Antón Martín, ningún. Aínda así, a pesares desta derrota, están a rozar a permanencia para a vindeira tempada. En Segunda División Nacional Feminina, os dous equipos de Narón desprazáronse cara Vilalba para encontrarse alí con dous equipos locais. O Escola Cidade gañou un dos encotros 3-1, facendo Andrea Amor dous puntos, e outro achegado no dobres con Estela. Contra a outra equipación Vilalbesa perderon, 3-2, cos dous únicos puntos achegados por Andrea. As rapazas de Club Narón Antía Pita e Sofía Couce perderon os dous partidos, 3-0 o primeiro e 3-1 o seguinte, cun partido de Sofía gañado. Unha das mellores noticias da xornada veu, sen dúbida, do equipo Club Narón, que se atopa, polo de agora, en Terceira División Nacional, pero que coa recente vitoria fronte ó Oleiros C esta a piques de certificar o ascenco a Segunda División. Tanto Aleixo Rivera como Efrén Piñeiro e Adrián Ferreira gañaron cadanséus partidos neste encontro, conseguindo así o flamante resultado de 6-0. Pero non é só grazas a este resultado que se atopen co ascenso asegurado, senón que levan unha segunda volta con 5 vitorias e 1 empate. Teñen o ascenso máis que merecido. Esta fin de semana houbo un pleno de vitorias en Segunda División Galega. O Narón Senior venceu 5-1 fronte ó Oleiros F, na súa loita polo ascenso, onde Juan Badía achegou un dos puntos, e Alberto Puga e Manuel Cabalo, dous cada un. Os rapaces de Cidade de Naron “b” obtiveron o mesmo resultado, aínda que fronte ó Hípica, no encontro disputado por Raúl Saura (2), Julián Dopico (2) e Raúl Rodríguez (1). E, por último aínda que non menos importante, o Narón Promesas gañou ó Grumico con un contundente 6-0, gañando Marcos Pita, Brais Rajo e Mario García candanséus partidos.
Nuestra jugadora Belen Sañudo fue premiada como mejor deportista femenina de tenis de mesa en la XXIII gala de deporte ferrolano. No es la primera vez que Belen sube a recojer este premio de manos del alcalde y concejal de deportes. Esta vez a Belen le acompaño en este premio en categoria masculina Alberto Novo jugador Narones que se formo en el Club Naron y que milito tantos años, actualmente esta en las filas del Club San Xoan. Enhorabuena Belen y Alberto!!!

Esta fin de semana tivo lugar en Valladolid o Campionato Estatal, ao que asisten os 48 mellores xogadores de cada categoría, en representación da entidade naronesa asistiron 10 rapazas e 5 rapaces, o clube que máis xogadoras e xogadores clasificou de toda Galicia, estando entre os primeiros de España en numero de clasificados. A xogadora mais destacada do club foi Claudia Canay que na categoría Alevín rematou subcampiona ,conseguindo así un resultado que pasará a historia da entidade naronesa. Disputou todos os seus partidos con determinación e só perdeu na final frente a xogadora ibicenca Natalia Miramontes por 3-1 resolvendose todos os xogos nas ventaxas.Tamen na categoria alevin, Andrea Amor non conseguia pasar do grupo por pouco xa que quedaba empatada a puntos coas suas rivais pero no computo de xogas serai ela a que quedaria for. Na categoría de discapacitados de pé, Rubén Veiga foi outra das grandes alegrías do campionato, chegando ata semifinais. A pesares de non conseguir disputar a final, o feito de chegar ó podio xa é un feito moi notábel. Na categoría Benxamín, ningunha das nenas clasificadas (Ana Otero, Sofía Couce, Antía Pita) conseguíu pasar de grupos, e tampouco os tres nenos, Brais, Anxo Martín, Marcos Pita. A xogadora Diandra Cobelo, da categoría Infantil, xogou ata chegar a dezaseisavos de final, mentres que Helena Martin non tivo a mesma sorte, e non conseguíu pasar de grupos. Na categoría Xuvenil, os resultados foron os mesmos que na anterior: Laura Fernández perdeu en dezaseisavos, e Belén Sañudo estivo a piques de pasar de grupos, pero finalmente non o conseguíu. Helena Colinas, xogadora da categoría Sub23, xogou ata chegar a octavos de final, pero non conseguíu seguir ao perder contra a xogadora asturiana Sofia Barba.

Miércoles, 18 Febrero 2015 12:45

Fin de semana agridoce para o Club Narón

Este sábado, as rapazas de División de Honra Feminina xogaron en casa contra o equipo School Zaragoza, mais, a aparente vantaxe de non ter que desprazarse non influíu no resultado do encontro, que rematou nun 1-5 para as zaragozanas. Helena Colinas e Belén Sañudo non conseguiron gañar ningún dos seus partidos, e só Laura Fernández puntuóu. En Primeira División Nacional Masculina, tamén xogou en casa o Cidade de Narón, pero o resultado tamén foi amargo. Nin Adrián Vidal, nin Isaac Rivera nin Bruno Sacristán foron quen de puntuar contra o CTM Progreso, rematando cun 0-6 para os madrileños. As rapazas de Segunda División Nacional Feminina do equipo Escola Cidade de Narón, Andrea Amor e Estela Holgado, tiveron mellores resultados. O encontro contra o equipo Hípica rematou nun 3-2, onde Andrea fixo dous puntos, e Estela o restante. Contra o Club del Mar, o resultado foi 3-1 tamén ó seu favor, onde Andrea gañou outra vez dous partidos e, xunto con Estela, no dobles, o punto restante. Cabe destacar que Andrea o remate da primeira volta ainda non perdeu ningún partido. Nesta mesma categoría, o Club Narón xogou contra os mesmos equipos, pero con peores resultados. Contra o Club del Mar perderon 3-1, onde destacou Sofía Couce que con tan só 7 anos fixo o seu primeiro punto na liga, mentres que contra o Hípica perderon 3-0. O encontro en Segunda División Nacional Masculina entre o Naronense e o Oroso rematou en vitoria para o equipo local. Jorge Estévez fixo un punto, e Antón Martín e Ishaí Piñeiro fixeron dous cada un, acadando así o notábel resultado de 5-1 fronte ós santiagueses. En Segunda División Galega, o equipo Narón Senior venceu 6 a 0 fronte ó San Xoan Infantil. Juan Badía, Iván Servia e José Cabalo gañaron cadanséus partidos contra os xogadores ferroláns, na mesma categoría o Narón Promesas conseguiu vencer o Cambre Promesas por 4-2 mantendose asi na zona alta da clasificación. Ao Narón “b” non lle foi tan ben, xa que perderon contra o Club del Mar 1 a 5, onde só Helena Martín puntuou. Raúl Saura e Julián Dopico non puntuaron.
Miércoles, 11 Febrero 2015 12:12

Amargos resultados para o Club Narón

Esta pasada fin de semana, as rapazas de División de Honra Feminina desprazáronse a Valladolid e Gasteiz, a pesares do forte temporal que azoutaba, sobre todon o País Vasco. Aínda así, a neve non impedíu que loitaran os dous encontros ata o final. As xogadoras do CTM Cidade de Narón xogaron primeiro contra o equipo valisoletano CDO-Vasa Arroyo, contra o que perderon nun 4 a 2. Laura Fernández e Helena Colinas fixeron un punto cada unha, mentres Belén Sañudo non conseguíu puntuar. No partido contra o Proyem Gasteiz, o resultado foi o mesmo. En Primeira División Nacional, o Cidade de Narón disputou dous encontros no primeiro frente o San Sebastian de los Reyes conseguiráin vencer por un claso 5/1 con dous puntos de Diego Quintero, conseguindo o resto dos puntos Adrian Vidal, Isaac Rivera e Santiago Otero o domingo enfrontaronse o Rivas, Adriań Vidal e Diego Quintero fixeron un punto cada un, mais Santiago Otero non foi quen de puntuar, rematando cun desagradábel 4-2, despois de este desprazamento o equipo naronense situase a un posto do descenso. De novo a nota positiva do fin de semana foi o equipo de primeira femenina que na sua cuarta concentración conseguiu duas victorias e unha derrota que lle permite situarse nunha excelente terceira posición e zona de fase de ascenso a división de honra, o equipo fomado por Diandra Cobelo, Claudia Canay,Helena Martín e Andrea Amor e o mais xoven da liga pero esta demostrando unha gran progresión gañandolles a equipos moito mais veteranos e experimentados. O equipo Naronense de Segunda División Nacional estivo a piques de gañar fronte ó Monteporreiro, mais o resultado ficou nun 4-3. Ishaí Piñeiro gañou os seus dous partidos, Antón Martín un, e Rubén Veiga que non puntuou. A alegría da fin de semana veu por parte do equipo de Terceira División Nacional. O Club Narón gañou 4-2 fronte o equipo de Oleiros, onde o xogador Efrén Piñeiro fixo os seus dous puntos, e, Aleixo Rivera e José Yañez, un punto cada un. O equipo equipo de Vilalba gañou 4-2 fronte un Escola Cidade de Narón no que Borja Canay e Diandra Cobelo fixeron só un punto cada un. Os vilalbeses tamén gañaron ó Narón Infantil , co mesmo resultado, onde Jacobo Cano fixo os dous únicos puntos. Jandro Vázquez e Anxo Martín non puntuaron.

O sábado, as rapazas de División de Honra Feminina desprazáronse a Santiago de Compostela para xogar contra o equipo oriúndo Arteal TM. Alí, as naronesas perderon, a pesares do esforzo, nun 5-1, onde a xogadora Laura Fernández foi a única en gañar un dos seus partidos. A Belén Sañudo, Claudia Canay e Diandra Cobelo non lles foi tan ben nos seus partidos, e non conseguiron puntuar.

En Primeira División Nacional, o Cidade de Narón xogou contra o equipo de Vincios, onde perderon 2-4. Os puntos correron a cargo de Isaac Rivera e Adrián Vidal, facendo un punto cada un, mentres Santiago Otero foi vencido nos seus dous partidos.

O equipo Naronense, de Segunda División Nacional, venceu ó equipo de San Xoán nun 4 a 2. Os xogadores Rubén Veiga e Antón Martín acadaron un punto cada un, e Ishaí Piñeiro fixo os dous puntos restantes, mantendo a súa excelente porcentaxe, con 4 de 4 partidos gañados.

O encontro en Terceira División Nacional entre o Cidade de Narón e o Vimianzo rematou tamén en vitoria. Os xogadores Adrián Ferreira e Efrén Piñeiro gañaron os seus dous partidos, e, Aleixo Rivera, un, acadando así o nada desprezábel resultado de 5-1.

Os rapaces de Primeira División Galega disputaron o sábado dous encontros. O primeiro, contra o Restaurante San Miguel, onde perderon 5 a 1. O outro encontro, contra o Efega, rematou co mesmo resultado. Os dous puntos foron outorgados por Borja Canay.

O Narón Infantil tamén xogou dous encontros. O primeiro, contra o Milagrosa Tenis de Mesa, rematou nun empate, no que cada xogador (Sanders Vázquez, Jacobo Cano e Anxo Martín) fixo un dos seus puntos. O seguinte encontro rematou nun 5-1 fronte ó Milagrosa TM Ferrol, onde só Jacobo puntuóu.

O domingo, o Narón Senior xogou contra o Cambre, perdendo nun 2-4, onde os xogadores Cabalo e Modesto fixeron un punto cada un.

O derbi Narón Promesas fronte ó Cidade de Narón rematou nun 6 a 0 para o primer equipo.

Esta pasada fin de semana disputáronse diversos encontros, entre os que destaca a victoria das rapazas do CTM Cidade de Narón de División de Honra Feminina, que gañaron ao equipo catalán Ripollet 4-2. O partido estivo moi rifado, pero, aínda así, as xogadoras Helena Colinas e Laura Fernández conseguiron facer cadanséus 2 puntos, mentres que, Belén Sañudo, que loitou os seus dous partidos a pesares de problemas coa súa raqueta, non conseguíu puntuar, con esta victoria manteñense nunha zona tranquila da clasificación.

En Primeira División Nacional Masculina, o CTM Cidade de Narón non acadou a victoria fronte un San Xoan TM que vencéu 3-4. Neste encontro, tamén moi disputado, o xogador Adrián Vidal gañou os seus dous partidos, e, Santiago Otero, o restante.

O encontro do equipo Naronense de Segunda División Nacional fronte ó Club del Mar rematou tamén en derrota para os xogadores de Narón, nun 4-2, onde Ishaí Piñeiro fixo os dous únicos puntos do equipo.

Para rematar, en Terceira División Nacional, o encontro entre o Club Ferrol e o Club Narón resultou nun empate 3 a 3.

Este fin de semana disputouse tamén a terceira concentración da segunda división nacional feminina con enfrentamento dos dous equipos de Narón contra os tres equipos do sur, o Escola Municipal de Narón foi o que obtivo mellores resultados o vencer en dous dos tres enfrentamentos desta maneira o equipo formado por Estela Holgado, Andrea Amor e Carla Casal consiguen manterse na terceira posición da clasificación, pola contra o Club Narón equipo moi xoven na que as suas seis compeñentes teñen idades comprendidas entre os 7 e 8 anos non conseguiron gañar ningun dos seus encontros sendo as pechacancelas, ainda asi as xogadoras Sofia Couce, Ana Otero e Antía Pita deixaron unha boa sensación de boca.

Esta pasada fin de semana tiveron lugar multidude de encontros, a meirande parte deles con moi bos resultados.

As rapazas de División de Honra do CTM Cidade de Narón disputaron o seu encontro fronte ó equipo vasco Gasteiz Proyem. A xogadora Belén Sañudo foi a encargada de outorgar dos puntos, que, sumados ao partido gañado por Helena Colinas e ao de Laura Fernández, suman os seus 4 puntos fronte ós 2 do equipo vasco. Con esta vitoría o equipo naronés acaba o ano co mesmo numero de victorias que de derrotas o que lle permite manterse na parte media da clasificación.

En Primeira División Nacional Feminina o equipo Cidade de Narón “b” gañou tamén cun resultado de 4-2 fronte ó San Xoán. As xogadoras Helena Martín (2 puntos), Diandra Cobelo (1pto.) e Claudia Canay (1pto.) foron as responsábeis desta vitoria, mais tamén xogaron contra o Club Coruña, obtendo o mesmo resultado. Esta vez foi Claudia quen gañou os dous seus puntos, e as outras dúas xogadoras, outro cada unha.

O equipo masculino desta mesma división, o Cidade de Narón, venceu fronte ó Luarca nun 4-2. Diego Quintero conseguíu os seus dous puntos, Adrián Vidal un e, Santiago Otero, o restante.

O equipo de Segunda División Nacional Masculina, Naronense, perdeu fronte ó Dez Portas (5-1). Só Borja Canay conseguiu puntuar, mentres Rubén Veiga e Antón Martín non conseguiron gañar os seus partidos contra os xogadores lucenses.

Primeira xornada da liga de Segunda División Feminina na que se disputou o encontro entre os equipos Concello de Narón e Narón Feminino, cunha vitoria (5-0) para o primeiro, polo Concello de Narón xogaron Carla Casal e Estela Holgado, mentres que no Narón Feminino estaría formado por as duas prebenxamins Maria Jesus Selfa e Sofía Couce.

En Terceira División Masculina o equipo Club Narón tivo unha doce vitoria fronte ó compostelán Arteal. Ishaí Piñeiro, Aleixo Rivera e Efrén Piñeiro gañaron cadanséus partidos, acadando así o flamante resultado de 0-6. O seu resultado fronte ó equipo Conxo mantívose na misma liña, cun 1-5, onde esta vez Ishaí só conseguíu un dos seus puntos.

O encontro de Primeira División Galega entre o Viveiro e o Narón Infantil terminóu cun 2-4 para o equipo viveirés.

En Segunda División Galega o equipo Oleiros “q” gañou ó Cidade de Narón cun resultado de 4-2. Outro encontro na mesma categoría resultóu vitorioso paa os naronenses de Narón Promesas, que gañaron por 4 puntos a 2 ó San Xoán TM Infantil. Por último, nesta categoría, outra vitoria máis para o clube de Narón, esta vez contra o Grumico, onde os xogadores de Narón Senior acadaron o resultado de 1-5.

Viernes, 12 Diciembre 2014 12:24

HELENA MARTÍN GAÑA O TORNEO NACIONAL

Esta pasada ponte da Constitución tivo lugar en Madrid o Torneo Nacional, este torneo é unha segunda via de clasificación para xogadores que non o conseguiron no torneo zonal o club asistiu a este evento con dous xogadores a infantil Helena Martín que xa no zonal quedou as portas da clasificación o quedar novena e Santiago Otero.

A mais destacada do club foi a xogadora Helena Martín que gañou o campionato, vencendo en todos os seus partidos e quedando na primeira posición da súa categoría conseguindo asi un dos maiores exitos da sua carreira deportiva o vencer por primeira vez nunha proba de carazter nacional.

A nota negativa do fin de semana foi Santiago Otero que quedou apeado en 1/16 polo que practicamente queda sen ningunha opción para participar no estatal.

HOMENAXE O DEPORTE FEMININO ESTE FIN DE SEMANA.

Este fin de semana o deporte femenino será o gran protagonista na actividade do fin de semana do club o coincidir o sabado pola maña a partir das 11 os catro equipos femininos do club xogando o mesmo tempo. O de división de honra terá un dificilísimo encontro frente a o equipo vasco do Proyem Gasteiz que marcha nas primeiras posicións da liga e que conta con un equipo moi forte encabezado pola xogadora croata Zoltan Batorfi, por parte do club naronés están convocadas para xogar este partido Belén Sañudo, Helena Colinas e Laura Fernández. Pola mañá comezará tamen a segunda concentración de primeira nacional feminina coa presencia dos equipos do CTM Cidade de Narón, San Xoan e CTM Coruña por parte das naronesas participaran Claudia Canay, Diandra Cobelo e Helena Martín, xa por ultimo tamen o sábado pola mañá comezará a segunda nacional feminina con un encontro entre os dous equipos de Narón o o Narón Infantil e o Narón Benxamín por parte do Narón infantil participaran Estela Holgado e Carla Casal, mentres que polo Narón benxamín esta convocadas Antía Pita, Sofía Couce, Maria Jesus Selfa e Ana Otero.

Página 1 de 12

Logo

cidade_naron150