Jueves, 09 Abril 2015 16:30

O Club Narón acada 28 medallas nos galegos de semana santa.

Escrito por
Valora este artículo
(2 votos)
Esta Semana Santa, aproveitando os dias festivos, tiveron lugar múltiples campionatos a nivel galego, nos que o Club Narón subíu ó podium nin máis nin menos que 28 veces. Esta cantidade inmensa de éxitos non sería posíbel sen o esforzo diario de cada rapaza e rapaz ao longo de toda a tempada, tanto nos adestramentos coma nas competicións. O primeiro, en Vilagarcía, foi o Campionato Galego Infantil. Alí, Helena Martin e Claudia Canay resultaron campionas de dobres femininos, e Diandra Cobelo e Judith Cobas quedaron en semifinais. Tamén Claudia, pero esta vez con Diego Varela, resultaron semifinalistas de dobres mixtos. O equipo Narón, composto por Claudia, Helena e Diandra quedou semifinalista de equipos femininos na competición. Na proba individual, tanto Claudia como Diandra conseguiron ser semifinalistas e levar unha medalla de bronce cada unha. O Campionato Galego Absoluto de San Xoán trouxo tamén moitas alegrías. Na proba de Dobres Masculinos, os xogadores Santiago Otero e Martín Regueiro conseguiron unha excelente victoria, subíndose ó máis alto do podium nunha competición onde eran dos rapaces de máis curta idade, en comparación co resto de xogadores. Na categoría Individual Feminina, Laura Fernandez proclamouse subcampiona galega absoluta cedendo so ante a xogadora asturiana do Arteal Raquel Bonlla. A terceira medalla do torneo trouxérona Claudia Canay e Adrián Vidal, no seu caso de bronce, na categoría de Dobres Mixtos, onde o adestrador e a súa alumna souberon complementarse moi ben. Para finalizar, tivo lugar en Noia o Campionato Galego Benxamín e Xuvenil, dúas categorías con partidos simultáneos. Anxo Martín arrasou na competición, levándose para a súa casa nada máis nin nada menos que catro medallas, tres ouros e unha prata, un resultado sobresaínte: acadou o posto de campeón individual, de equipos e de dobres masculinos, ademáis de subcampeón de dobres mixtos. O seu é un caso excepcional, aínda que o resto seguen unha liña similar, todas e todos na mesma categoría, Benxamín. Marcos Pita comparte as vitorias de equipos e dobres masculinos de Anxo, xa que competiron xuntos, pero tamén foi semifinalista en dobres mixtos coa súa compañeira Sofía Couce. Ana Otero tampouco queda atrás, levando consigo outras tres medallas: na proba individual, levou un bronce; os dobres mixtos con Anxo achegaron unha prata e, tamén con Sofía, nos dobres femininos conseguiron xuntas outra prata. Brais Rajo quedou de terceiro en equipos e segundo en dobres masculinos con Diego Pena. Os xogadores Brais Rodríguez e David Blanco resultaron semifinalistas de dobres masculinos. As mocidades do Club Narón amosaron unha vez máis que son unha grande promesa para o clube e, en xeral, para o deporte, pasandoo ben na competición e conseguindo bos resultados. Na categoría Xuvenil, do mesmo torneo, Santiago Otero e Fernando López gañaron unha prata en dobres masculinos, mentres que Borja Canay e Antón Martín resultaron semifinalistas. Laura Fernández quedou en semifinais de dobres mixtos con Martín Regueiro, así como con Belén Sañudo en dobres femininos. Laura e Santiago gañaron cadansúas medallas de bronce na categoría individual, feminina e masculina, respectivamente, sumando vitoria tras vitoria. Na proba por equipos, o equipo masculino composto por Santiago, Antón e Borja conseguíu unha medalla de prata, así como o equipo feminino de Laura e Claudia.
Leer 3221 veces Modificado por última vez en Jueves, 09 Abril 2015 16:42

Logo

cidade_naron150