Miércoles, 18 Febrero 2015 12:45

Fin de semana agridoce para o Club Narón

Escrito por
Valora este artículo
(0 votos)
Este sábado, as rapazas de División de Honra Feminina xogaron en casa contra o equipo School Zaragoza, mais, a aparente vantaxe de non ter que desprazarse non influíu no resultado do encontro, que rematou nun 1-5 para as zaragozanas. Helena Colinas e Belén Sañudo non conseguiron gañar ningún dos seus partidos, e só Laura Fernández puntuóu. En Primeira División Nacional Masculina, tamén xogou en casa o Cidade de Narón, pero o resultado tamén foi amargo. Nin Adrián Vidal, nin Isaac Rivera nin Bruno Sacristán foron quen de puntuar contra o CTM Progreso, rematando cun 0-6 para os madrileños. As rapazas de Segunda División Nacional Feminina do equipo Escola Cidade de Narón, Andrea Amor e Estela Holgado, tiveron mellores resultados. O encontro contra o equipo Hípica rematou nun 3-2, onde Andrea fixo dous puntos, e Estela o restante. Contra o Club del Mar, o resultado foi 3-1 tamén ó seu favor, onde Andrea gañou outra vez dous partidos e, xunto con Estela, no dobles, o punto restante. Cabe destacar que Andrea o remate da primeira volta ainda non perdeu ningún partido. Nesta mesma categoría, o Club Narón xogou contra os mesmos equipos, pero con peores resultados. Contra o Club del Mar perderon 3-1, onde destacou Sofía Couce que con tan só 7 anos fixo o seu primeiro punto na liga, mentres que contra o Hípica perderon 3-0. O encontro en Segunda División Nacional Masculina entre o Naronense e o Oroso rematou en vitoria para o equipo local. Jorge Estévez fixo un punto, e Antón Martín e Ishaí Piñeiro fixeron dous cada un, acadando así o notábel resultado de 5-1 fronte ós santiagueses. En Segunda División Galega, o equipo Narón Senior venceu 6 a 0 fronte ó San Xoan Infantil. Juan Badía, Iván Servia e José Cabalo gañaron cadanséus partidos contra os xogadores ferroláns, na mesma categoría o Narón Promesas conseguiu vencer o Cambre Promesas por 4-2 mantendose asi na zona alta da clasificación. Ao Narón “b” non lle foi tan ben, xa que perderon contra o Club del Mar 1 a 5, onde só Helena Martín puntuou. Raúl Saura e Julián Dopico non puntuaron.
Leer 1955 veces Modificado por última vez en Miércoles, 18 Febrero 2015 12:47

Logo

cidade_naron150